Articles liés à Dicionario Dos Seres Míticos Galegos / Dictionary of...

Dicionario Dos Seres Míticos Galegos / Dictionary of Gallegos Mythical Beings - Couverture rigide

 
9788497828697: Dicionario Dos Seres Míticos Galegos / Dictionary of Gallegos Mythical Beings
Afficher les exemplaires de cette édition ISBN
 
 
Dicionario dos Seres Míticos Galegos é unha viaxe a través da mitoloxía do país, asentada, na oralidade dos devanceiros e, daquela, un libro de consulta práctico, útil e fermoso ó tempo, pero tamén é unha viaxe que atravesa páxinas de forte contido narrativo, e lectura amena, entretida e divertida. Co rigor dun dicionario e o feitizo dunha novela apaixonante, este libro constitúe unha das máis importantes aportacións ó patrimonio cultural galego nos últimos anos. Nas 710 entradas das que consta o Dicionario dos Seres Míticos Galegos pode o lector atoparse con xente cativa, xigantes, olláparos, ananos, xacias, sereas, xerpas, rabenos, encantos, lamias, lavandeiras; entrar no pazo dos mouros e conversar coa Mourindade; roubar o peite da moura; recoller carbóns que se convertan nun tesouro; sufrir con paciencia a trasnos, diaños e tardos; durmir con Pedro Chosco; ter medo da Estadea; fuxir con Brancaflor ou oír os contos de María Castaña. O lector poderá visitar as tumbas de Orcavella e a Raíña Lupa; asaltará casas con Pepa a Loba; beberá na fonte de Ana Manana; voará con meigas, chuchonas e nubeiros; correrá sete parroquias cos lobishomes; verá como Deus crea demos e anxos; asombrarase con lobos, cobras, dragóns, basiliscos, cocas, unicornios; navegará no Bergantín Pantasma; andará os camiños coas ánimas da Compaña; tremerá na noite ó escoitar o Paxaro da Morte; enfrontarase co Can Negro, co Lobo Branco, coa Peregrina, coa Zarrulada, co urco e coa Pastoriña; visitará cidades asolagadas e enterradas, como Antioquía, Lucerna ou Valverde, Pozos Peagos e entradas do inferno, Camiños ó Alén e Cabos do mundo; coñecerá os cocos, tales como o home do saco, o sacaúntos, Maríamanta, a meiga dos dentes verdes, o zampón e o orco; lerá o Ciprianillo e desatoará decididamente o saco para pillar os biosbardos. Para atopalos, só hai que abrilo por calquera páxina.

Les informations fournies dans la section « Synopsis » peuvent faire référence à une autre édition de ce titre.

Biographie de l'auteur :
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez. Lugo, 1958. Traballa no Museo Provincial de Lugo como Auxiliar de biblioteca. En 1992 creou con Ofelia Carnero, Mercedes Salvador e Antonio Reigosa o Equipo de Investigación Etnográfica Chaira . Como integrante deste equipo participou en todos os proxectos, traballos de campo , arquivo e publicacións do mesmo e é coautor dos libros Polavila na Pontenova (1998) e Da fala dos brañegos. Literatura oral do concello de Abadín (2004). Ten publicado tamén , individualmente e en colaboración, ducias de traballos en prensa e revistas especializadas. Por dous traballos de investigación relacionados coa Terra Chá foi distinguido co Premio " Manuel Mato Vizoso " en 1987 e 1989. Con Antonio Reigosa e Xosé Miranda escribiu trece libros publicados por Edicións Xerais de Galicia: Diccionario dos seres míticos galegos (1998), Pequena mitoloxía de Galicia (2001), Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega (2001) e os dez primeiros volumes da colección Cabalo Buligán (1998-2000). É responsable tamén, con estes mesmos autores, da Antoloxía do conto galego de tradición oral (2001) e con Fernando Arribas e Antonio Reigosa da Guía do Museo Provincial de Lugo (2003). A súa obra para primeiros lectores O caracol Remoldiño (Xerais, 2003) obtivo o Premio Lecturas da Asociación Gálix en 2005.

Les informations fournies dans la section « A propos du livre » peuvent faire référence à une autre édition de ce titre.

Acheter D'occasion

état :  Assez bon
01/08/2008 En savoir plus sur cette édition
EUR 277,10

Autre devise

Frais de port : Gratuit
De Espagne vers Etats-Unis

Destinations, frais et délais

Ajouter au panier

Meilleurs résultats de recherche sur AbeBooks

Image d'archives

CUBA, XOÁN R. ; REIGOSA, ANTONIO ; MIRANDA, XOSÉ
ISBN 10 : 8497828690 ISBN 13 : 9788497828697
Ancien ou d'occasion Couverture rigide Quantité disponible : 1
Vendeur :
Zilis Select Books
(Madrid, M, Espagne)
Evaluation vendeur

Description du livre Cartoné. Etat : Very Good. Enríquez, Lázaro (illustrateur). 01/08/2008. N° de réf. du vendeur 9788497828697

Plus d'informations sur ce vendeur | Contacter le vendeur

Acheter D'occasion
EUR 277,10
Autre devise

Ajouter au panier

Frais de port : Gratuit
De Espagne vers Etats-Unis
Destinations, frais et délais
Image d'archives

Cuba, Xoán R./Reigosa, Antonio/Miranda, Xosé
Edité par XERAIS (2008)
ISBN 10 : 8497828690 ISBN 13 : 9788497828697
Ancien ou d'occasion Couverture rigide Quantité disponible : 1
Vendeur :
Iridium_Books
(DH, SE, Espagne)
Evaluation vendeur

Description du livre Etat : Muy Bueno / Very Good. Enríquez, Lázaro (illustrateur). N° de réf. du vendeur 100000000225875

Plus d'informations sur ce vendeur | Contacter le vendeur

Acheter D'occasion
EUR 508,68
Autre devise

Ajouter au panier

Frais de port : EUR 32
De Espagne vers Etats-Unis
Destinations, frais et délais