Type d'article
Etat
Reliure
Particularités
Pays
Evaluation du vendeur
Edité par Ir Indo Ediciones, 2014
ISBN 10 : 847680315XISBN 13 : 9788476803158
Vendeur : AG Library, Malaga, Espagne
Livre
Etat : New. Idioma/Language: Español. Que se pode facer cun calcetín vello que non ten parella e que está esquecido no fondo do costureiro? Velaquí un milleiro de solucións para xogar e pasalo ben con el: pode ser un monicreque, unha bolsa de tesouros, un gorro con pompón. Grazas á imaxinación sen límites do avó Ramón, o calcetín amarelo xa non se sente só. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Edité par Ir Indo Ediciones
ISBN 10 : 8476802072ISBN 13 : 9788476802076
Vendeur : AG Library, Malaga, Espagne
Livre
Etat : New. Idioma/Language: Español. O parrulo parruleiro, unha ovella fermosa, a vaca Marela, o gato lambón. . . todos pasan por un camiño de cor onde quedan reflectidas as súas pegadas. Os pequenos lectores poderán adiviñar que protagonistas atoparán nas páxinas seguintes a partir das marcas que os animaliños deixan no carreiro. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Edité par Ir Indo Ediciones, 2000
ISBN 10 : 8476803389ISBN 13 : 9788476803387
Vendeur : AG Library, Malaga, Espagne
Livre
Etat : New. López, Noemí (illustrateur). Idioma/Language: Gallego. Un mundo natural por descubrir a través de enxeñosas adiviñas apoiadas en frescas e coloridas ilustracións. Grilos, gatos, tartarugas, lúa e sol. todos eles se agachan tras as palabras para aparecer fachendosos á volta da páxina, protagonistas duns debuxos que chaman a atención de calquera cativo. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Edité par Ir Indo Ediciones, 2002
ISBN 10 : 8476803605ISBN 13 : 9788476803608
Vendeur : AG Library, Malaga, Espagne
Livre
Etat : New. María Lires (illustrateur). Idioma/Language: Gallego. Nassima é unha nena de dez anos, nacida no Afganistán dos talibáns, que se resiste a aceptar as novas normas e restriccóns que "uns homes con barbas longas e ollos enfurecidos" impoñen ás mulleres. A cativa non concibe a perda repentina da súa liberdade e decidirá vivir unha apaixonante aventura antes que fuxir do seu país envolta nunha alfombra do xeito que lle propón o seu pai. O seu amigo Mohamed será o seu mellor compañeiro nesta historia dos nosos días, arriscada e valente. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Edité par Ir Indo Ediciones
ISBN 10 : 8476805012ISBN 13 : 9788476805015
Vendeur : AG Library, Malaga, Espagne
Livre
Etat : New. Idioma/Language: Español. ???K,elata a historia do cabalo Bullacán, o cabalo ceibe. Xunto coa súa inseparable compañeira, a égua Albea, e os seus compañeiros, tentarán devolverlle á raza dos cabalos a dignidade que en tempos tivo. Para iso emprenderán unha loita contra os ferros e as marcas de propiedade. En diante, os únicos que lles poderán tocar as crines serán tan só os arrolos do vento. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Edité par Ir Indo Ediciones
ISBN 10 : 8476803982ISBN 13 : 9788476803981
Vendeur : AG Library, Malaga, Espagne
Livre
Etat : New. Idioma/Language: Español. Para coñecer a alma dun pobo, nada mellor que achegarse á súa literatura popular. Ler e escoitar os contos que foron pasando de boca en boca, que veñen da noite dos tempos e que chegaron ata nós coa pureza das historias ben construídas. A tradición oral portuguesa é moi rica en narracións para rapaces. Neste libro, José Antonio Gomes recolle un feixe de contos que chegaron a el pola vía desa transmisión oral e quedaron fixados co seu rigor intelectual. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Edité par Ir Indo Ediciones, 1999
ISBN 10 : 8476802803ISBN 13 : 9788476802809
Vendeur : AG Library, Malaga, Espagne
Livre
Etat : New. Pereira, Evaristo (illustrateur). Idioma/Language: Gallego. Glub vive nun acuario pacífico e agradable. Ten moitos amigos e todos viven felices. Pero a chegada dun novo peixe vai provocar problemas no acuario. O novo veciño chámase Blef, coñecido tamén como Tremeleque. Nada máis chegar, Blef autoproclámase xefe, e ademais ocupa o lugar máis bonito do acuario. A partir de agora, todos teñen que obedecer as súas ordes. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Edité par Ir Indo Ediciones, 2002
ISBN 10 : 8476804008ISBN 13 : 9788476804001
Vendeur : AG Library, Malaga, Espagne
Livre
Etat : New. Pereira, Evaristo (illustrateur). Idioma/Language: Gallego. Había unha vez un circo en que vivía unha nena. A nena chamábase Estela e tiña cinco anos. A súa vida no circo non lle entusiasmaba moito. Non lle facía ningunha graza andar sempre cambiando de poboación. Cando facía amigos e amigas, ao pouco tiña que abandonalos. Pero un bo día atopou unha ra marabillosa que, como nos contos de fadas, cambiaría a súa vida. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Edité par Ir Indo Ediciones
ISBN 10 : 8476803796ISBN 13 : 9788476803790
Vendeur : AG Library, Malaga, Espagne
Livre
Etat : New. Idioma/Language: Español. O vello manuscrito dun menciñeiro vaille servir de guía a un grupo de rapaces para emprender unha misteriosa e fantástica peregrinaxe por montes e desertos. Ao longo deste apaixonante relato de aventuras, mestura de fabula, novela de cabalarías e conto popular, os lectores acompañamos a estes "cabaleiriños" e o lingoreteiro galo rabón na súa nobre misión: axudarlle á bela dama Duira a atopar o heroe de Castrofiz. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Plus de choix d'achat de la part d'autres vendeurs sur AbeBooks
Offres neuf à partir de EUR 7,51
Offres d'occasion à partir de EUR 5,99
Trouvez également Couverture souple
Edité par Ir Indo Ediciones, 2001
ISBN 10 : 8476803729ISBN 13 : 9788476803721
Vendeur : AG Library, Malaga, Espagne
Livre
Etat : New. Asensi, Xaime (illustrateur). Idioma/Language: Gallego. Que pasaría se o rei lle fuxise o pensamento? Podería gobernar?, quen pode atopar o seu fuxidío pensamento? Sen dúbida todas as respostas están en "¡Cázame ese pensamento!" onde os irmáns Diana, Espingarda Gradiciela Diana e Gatillo Todopillo Diana, os mellores cazadores de toda a redonda, terán que resolver esta difícil situación. Eles co seu maletín portatodo e a axuda incondicional da Nube Neboenta intentarán cazar o pensamento do rei. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Edité par Ir Indo Ediciones, 1989
ISBN 10 : 8476800126ISBN 13 : 9788476800126
Vendeur : AG Library, Malaga, Espagne
Livre
Etat : New. Idioma/Language: Gallego. Anaiansi, nome da protagonista, é unha novela feminista no amplo sentido da palabra. Sitúase na época actual e narra a vida dunha profesora de instituto que emprende a súa loita particular para saír do mundo abafante en que vive, cheo de amargura e imposicións. Cangas, Fisterra e unha cidade galega calquera serven de marco a unha acción en que Anaiansi toma conciencia da irreversible realidade que a levará a unha decisión insólita. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Edité par Ir Indo Ediciones, 2006
ISBN 10 : 8476805896ISBN 13 : 9788476805893
Vendeur : AG Library, Malaga, Espagne
Livre
Etat : New. Idioma/Language: Gallego. Esta obra é unha escolma de relatos onde a autora, cunha mestría de linguaxe e estilo moi orixinais, parte de formas correntes do noso entorno para contar historias actuais, frescas e directas, facendo reflexionar ó lector sobre as moi diferentes temáticas tratadas. O impacto, o estilo veraz e directo, e a cosntrucción narrativa son as principais armas de seducción destas narracións, que enganchan ó lector facéndoo cautivo da ficción na que nos introduce. . . *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Edité par Ir Indo Ediciones, 2001
ISBN 10 : 8476803494ISBN 13 : 9788476803493
Vendeur : AG Library, Malaga, Espagne
Livre
Etat : New. Cobas, Xosé (illustrateur). Idioma/Language: Gallego. Con "Aire sonoro" nace un sensible libro de poemas sobre a música e os sons instrumentais. Daniel Barenboim ten dito que "un gran músico italiano de principios de século foi quen deu a única boa definición da música: a música é aire sonoro - dixo - aire con son; e non é nada máis ca iso". Guiado por estas palabras, o autor mergúllase nos sons das notas musicais para convertelas en versos cheos de suxestións que nacen tanto das palabras como das fantasías dos instrumentos, das cores, dos animais ou das flores. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Edité par Ir Indo Ediciones, 2001
ISBN 10 : 8476803648ISBN 13 : 9788476803646
Vendeur : AG Library, Malaga, Espagne
Livre
Etat : New. Idioma/Language: Gallego. O amor é unha fonte inesgotable de inspiración. Navegar e naufragar no océano do amor é un exercicio apaixonante, como transmite Francisco Castro nestas narracións curtas onde o amor visto desde case todos os prismas posibles destila paixón, sexo, sutileza, emocións e tenrura. Cada historia recrea a atmosfera necesaria para transmitir as inquietudes que os distintos amores despertan no ser humano, desde o amor rexido polo erotismo ata a paixón do amor en familia. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Edité par Ir Indo Ediciones, 2001
ISBN 10 : 8476803443ISBN 13 : 9788476803448
Vendeur : AG Library, Malaga, Espagne
Livre
Etat : New. Varela, Cesáreo (illustrateur). Idioma/Language: Gallego. O público infantil pode gozar agora cunha coidada escolma dos contos rusos populares escritos polo coñecido autor Afanásiev. Unhas animadas historias sobre un mundo afastado ao noso que nos achegan os personaxes tradicionais do país eslavo, arraigadas na sabedoría popular. Cabaleiros, cortesáns, zares e raíñas protagonizan os relatos dos longos e duros invernos no afastado país. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Edité par Ir Indo Ediciones, 2000
ISBN 10 : 8476803192ISBN 13 : 9788476803196
Vendeur : AG Library, Malaga, Espagne
Livre
Etat : New. Trigo, Ramón (illustrateur). Idioma/Language: Gallego. Esta obra de teatro transmite o discorrer da vida dos diversos órganos dentro do corpo humano. Mamá Pilosa e os seus Pilosíns traballan no interior do aparato dixestivo baixo as ordes do xefe don Organón. Entre trasnada e trasnada dos Pilosíns pasa o tempo no aparato, pero todo cambiará cando chegue unha moza, Placenta, que vén pedir axuda para que naza o seu neno ao xefe superior: o rosmón e fedorento Don Figadón. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Edité par Ir Indo Ediciones, 1999
ISBN 10 : 8476802765ISBN 13 : 9788476802762
Vendeur : AG Library, Malaga, Espagne
Livre
Etat : New. Idioma/Language: Español. A historia do rei Kabul I e do pinche Galván escrita por Jacob é un fermosísimo relato de amor de dous rapaces, un cociñeiro e unha princesa, no medio da guerra que envolve os pobos irmáns dos Balibrigos e os Bululabasos. O mozo, intrépido e valente, pinche de profesión, loitará con todas as súas forzas para conseguir o amor de Xulia, filla pequena do rei dos Balibrigos. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Edité par Ir Indo Ediciones, 1992
ISBN 10 : 8476800789ISBN 13 : 9788476800782
Vendeur : AG Library, Malaga, Espagne
Livre
Etat : New. Idioma/Language: Español. A análise antropolóxica do cultivo do liño representa en Galicia un tesouro cultural, a base certa dunha boa parte da nosa identidade popular. Sinal evidente dun caudal enorme, o liño supón unha simbiose de alma e impulso que inspiraron unha canle significativa de aportacións socio-económicas na estrutura do noso mundo. Recóllese neste libro o universo liñeiro e o seu valor etnográfico na nosa cultura tradicional, afondandando no coñemento máis fidedigno da senda do liño da nosa Terra. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Edité par Ir Indo Ediciones, 2006
ISBN 10 : 847680590XISBN 13 : 9788476805909
Vendeur : AG Library, Malaga, Espagne
Livre
Etat : New. Keil, María (illustrateur). Idioma/Language: Gallego. Orientada a rapaces de 8-10 anos. Sinopse: Velaquí a historia dun pallaso de nariz grande, ollos coma estrelas e un peito cun corazón de ouro. O pallaso era bo. Soñaba moito. Soñaba que no mundo todos debían ser bos, alegres e dispostos. Un día ollou para o espello do seu cuarto, era aínda rapaz, e dixo "Vou facer rir a tódolos meniños!, e deitouse a soñar. A través dos seus soños poderás imaxinar un mundo cheo de fantasía. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Edité par Ir Indo Ediciones, 2006
ISBN 10 : 8476805888ISBN 13 : 9788476805886
Vendeur : AG Library, Malaga, Espagne
Livre
Etat : New. Idioma/Language: Español. Pepa é a historia dunha nena que naceu tan cativiña que ten que vivir nunha caixiña á súa medida. Ten medo de saír de alí, e non que re medrar. Pero unha serie de acontecementos fará que a súa vida cambie. . . Publicación de narrativa infantil (para rapaces de mais de 5 anos) cunha gran carga pedagóxica, afrontando o sobreproteccionismo paterno, e animando ós nenos a enfrontarse ó seu entorno sen medos e cos seus propios medios e estratexias. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Edité par Ir Indo Ediciones, 1993
ISBN 10 : 8476801270ISBN 13 : 9788476801277
Vendeur : AG Library, Malaga, Espagne
Livre
Etat : New. Idioma/Language: Gallego. A Coca é unha das figuras profesionais con forma de dragón que se mantivo viva en moitas das vilas galegas e mesmo de toda España e parte do extranxeiro ata hai poucos anos. Esta bicha é a representación do Demo na procesión do Corpus. Un símbolo que durante séculos se mantivo en case todas as procesións e que hoxe está vixente en vilas como Betanzos, Redondela ou Monçao. Este é un amplo estudo sobre a súa tradición milenaria, reinvindicando a súa supervivencia naquelas vilas en que aínda se segue sacando a besta nas festas do Corpus, como é o caso de Redondela. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Edité par Ir Indo Ediciones, 2001
ISBN 10 : 8476803567ISBN 13 : 9788476803561
Vendeur : AG Library, Malaga, Espagne
Livre
Etat : New. Andrea, López Álvarez (illustrateur). Idioma/Language: Gallego. Que é o que máis desexan as mulleres? Velaí unha difícil pregunta que levará a El-Rei Artur por todo o mundo á busca dunha sinxela resposta: "gobernar a súa vida". Cando todo parecía perdido, a Abominable Dama daralle a ansiada solución a cambio de que un dos cabaleiros da táboa redonda faga o sacrificio de casar con ela. Agora que o rei está salvado, a condea comeza para o cabaleiro Galván. que poderá vivir feliz se aprende a ensinanza das palabras que salvaron o seu rei. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Edité par Ir Indo Ediciones, 2000
ISBN 10 : 8476803249ISBN 13 : 9788476803240
Vendeur : AG Library, Malaga, Espagne
Livre
Etat : New. Idioma/Language: Español. O diario de Carme é unha fiestra aberta á súa alma e ao seu pensamento. Alí escribe, desde a súa perspectiva de nena de oito anos, as alegrías, os desexos, as cousas que quere saber e que os adultos non lle contan. e mesmo as reaccións ante a parte dura da vida cando o seu mellor amigo enferma gravemente. Trátase dun conto moi realista, onde se afronta o problema da morte cunha naturalidade exemplar e cunha sensibilidade extraordinaria. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Edité par Ir Indo Ediciones, 1993
ISBN 10 : 8476801319ISBN 13 : 9788476801314
Vendeur : AG Library, Malaga, Espagne
Livre
Etat : New. Idioma/Language: Gallego. A observación e aplicación das propiedades curativas de certas plantas foron empregadas pola humanidade como remedios curativos e ás veces como motivos máxicos-relixiosos, sen estar clara sempre a súa separación. Nesta obra dáse un repaso por unha boa parte das plantas que foron empregadas moi axiña polo home en preparados curativos ou máxicos ao longo da historia, dando a coñecer tamén algunhas das principais plantas herbáceas que foron utlizadas nas boticas dos mosteiros galegos. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Edité par Ir Indo Ediciones, 1993
ISBN 10 : 8476801556ISBN 13 : 9788476801550
Vendeur : AG Library, Malaga, Espagne
Livre
Etat : New. Idioma/Language: Gallego. Non só os grandes homes e as obras importantes merecen ser recordados. Tamén o traballo diario, o facer silencioso dos que a través da súa profesión manteñen vivo o labor creador herdado dos seus antergos, perfecionándoo, adaptándoo ás súas necesidades e ampliándoo a través da súa experiencia a cultura popular. Por esta razón, antes de que a memoria esqueza, recóllese nesta obra o testemuño dunha obra noutrora importante e hoxe morta, á que dedicaron gran parte da súa vida algúns dos nosos conveciños: os telleiros ou cabaqueiros. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Edité par Ir Indo Ediciones
ISBN 10 : 847680282XISBN 13 : 9788476802823
Vendeur : AG Library, Malaga, Espagne
Livre
Etat : New. Idioma/Language: Español. Acantilados bañados polo Atlántico, lóstregos, naufraxios, o vello faro abandonado, pasadizos secretos, lendas. . . A familia Hornsbee vai ter novas dun curmán seu desde a pequena vila mariñeira de Moody. O vello Aloysius entrará nas súas vidas dun xeito repentino, envolto nunha brétema de misterio e intriga. Todo forma parte desta emocionante aventura, onde a suave melodía dun violín nos mergulla no enigma da pantasma de Dalton Hornsbee. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Edité par Ir Indo Ediciones, 2000
ISBN 10 : 8476803265ISBN 13 : 9788476803264
Vendeur : AG Library, Malaga, Espagne
Livre
Etat : New. Idioma/Language: Gallego. Esta obra relata a biografía de Gonzalo Arias, santo e heroe, bispo de Mondoñedo, aló polo ano mil. Como é habitual en Cunqueiro, a súa prosa está construída mesturando realidade, fantasía e lenda. San Gonzalo aparéceselle ao lector a través dunha desbordante imaxinación que se basea no esaxerado, nos soños delirantes do protagonista e no ritmo acelerado das imaxes, na procura sempre do equilibrio entre lenda e realidade. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Edité par Ir Indo Ediciones, 1990
ISBN 10 : 8476800339ISBN 13 : 9788476800331
Vendeur : AG Library, Malaga, Espagne
Livre
Etat : New. Idioma/Language: Gallego. Co fin de contribuír ao gusto pola lectura en galego desde os primeiros anos de idade, este volume convértese nun elemento importante dentro do proceso de normalización lingüística. Afronta con intensidade renovadora o proceso da animación á lectura desde as aulas: estratexias e libros non son un simple corpus teórico, senón material sostido na creatividade, na práctica, no desenvolvemento da experiencia. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Edité par Ir Indo Ediciones
ISBN 10 : 8476802382ISBN 13 : 9788476802380
Vendeur : AG Library, Malaga, Espagne
Livre
Etat : New. Idioma/Language: Español. Esta é unha achega antropolóxica á actualidade dun fénomeno social que os galegos demos en chamar O Camiño. Comprender e analizar a revitalización da peregrinación a Compostela, en toda a súa complexidade, lévanos a observar un proceso sintomático da sociedade actual: o presente vívese en conflito e con incerteza e o pasado comeza a ser lembrado con morriña e admiración. O Camiño é hoxe símbolo de valores actualmenete en crise, como son a harmonía e a humildade. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Edité par Ir Indo Ediciones, 2004
ISBN 10 : 8476804970ISBN 13 : 9788476804971
Vendeur : AG Library, Malaga, Espagne
Livre
Etat : New. Idioma/Language: Gallego. Unha partida de xadrez que reúne varios pasaxeiros dun barco que navega rumbo a Bos Aires. Ese é o punto de partida para a historia de dous homes antagónicos. Por unha banda Czentovic, o campión mundial de xadrez, e por outra, o Dr. B. , un enigmático home que a Gestapo fai prisioneiro cando Hitler invade Austria. Son dous seres que o azar fai compartir o seu achegamento a este xogo "único entre os xogos", aínda que a historia das súas vidas sexa completamente oposta. Dúas existencias opostas, dous mundos distintos como o é o universo oposto dos cadros brancos e negros dun taboleiro de xadrez pero, igual ca no taboleiro, ineludiblemente unidos e enfrontados a un tempo. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.