Type d'article
Etat
Reliure
Particularités
Pays
Evaluation du vendeur
Edité par UNIVERDAD DE CORUÑA, 2004
ISBN 10 : 8484870464ISBN 13 : 9788484870463
Vendeur : Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, Espagne
Livre
Rústica. Etat : New. Etat de la jaquette : Nuevo. 01. Xeralmente, a primeira reacción do lector contemporáneo, ?liberal? e ilustrado, ao Manifesto do partido comunista é consideralo sinxela e totalmente falso desde un punto de vista empírico, tanto en relación ao cadro que pinta da situación social, como á perspectiva revolucionaria que defende e propaga. Pero canto máis domina o discurso da ?mundialización?, non sendo esta outra cousa que a brutal imposición dun mercado mundial unificado que ameaza todas as tradicións culturais, incluída tamén a forma mesma do Estado-nación, a descrición que atopamos no Manifesto comunista sobre o papel social da burguesía semella máis verdadeira que nunca. E máis viva quizais que nunca porque a situación que describe elevouse hoxe en día a un estado de tensión insoportábel. . A súa lección actual é ante todo que a alternativa entre mundialización liberal e repregamento extremista é un falso dilema. Por un lado, a esperanza de que se poden resolver os antagonismos sociais mediante unha fase de desenvolvemento máis avanzado da economía capitalista e do seu equivalente político, a democracia liberal multiculturalista, é falso. Por outro, calquera retorno aos valores tradicionais (desde o fundamentalismo católico ou musulmán até a sabedoría oriental) está abocado ao fracaso, non só a causa da impotencia deses retornos fronte á voracidade do capital, senón tamén porque as tentativas que pretenden reafirmar reforzan as novas formas do capitalismo. . Introdución e tradución do francés: Francisco Sampedro. LIBRO.
Edité par UNIVERDAD DE CORUÑA, 2018
ISBN 10 : 8484874060ISBN 13 : 9788484874065
Vendeur : Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, Espagne
Livre
Rústica. Etat : New. Etat de la jaquette : Nuevo. 01. LIBRO.
Edité par UNIVERDAD DE CORUÑA, 2022
ISBN 10 : 8484875679ISBN 13 : 9788484875673
Vendeur : Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, Espagne
Livre
Rústica. Etat : New. Etat de la jaquette : Nuevo. 01. O libro Tríptico ártabro, de Ánxeles Penas, resulta paradigmático do seu mundo poético. Tanto na súa escrita como nos seus contidos, cristaliza numerosas claves da súa poética. Está estruturado en tres partes, Territorioö, Os anais do ventoö e Galicia, meu señorö, aínda que as sinerxías temáticas, expresivas e formais entre as tres son constantes, producindo unha viva sensación de coherencia e unidade. O título remite ao Portus magnus artabrorum de Estrabón, Pomponio Mela e Plinio, coñecido entre nós como Porto dos Ártabros: o espazo que, co seu núcleo na cidade da Coruña e na Torre de Hércules, abrangue un amplo arco natural que vai desde as terras e os cabos ferroláns até as Illas Sisargas e o inicio da Costa da Morte. Un espazo integrado polas rías da Coruña, Betanzos, Ares e Ferrol, desde o que se atalaian fermosas e amplas panorámicas do Atlántico. Xavier Seoane. LIBRO.
Edité par UNIVERDAD DE CORUÑA, 2022
ISBN 10 : 8484875784ISBN 13 : 9788484875789
Vendeur : Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, Espagne
Livre
Rústica. Etat : New. Etat de la jaquette : Nuevo. 01. Máis ca nunca, ou nin máis nin menos ca nunca, estamos na era do pandrama. O pandrama é totalizador. O prefixo ?pan? e o substantivo ?drama?, xunguidos no pandrama, apelan non só ao drama global, igual que a pandemia se ref. LIBRO.
Edité par UNIVERDAD DE CORUÑA, 2002
ISBN 10 : 8484870456ISBN 13 : 9788484870456
Vendeur : Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, Espagne
Livre
Rústica. Etat : New. Etat de la jaquette : Nuevo. 01. Berta aprendera a viver na Escravitude quando conseguiu aceitar que naquela vila a vida privada reduzia-se ao interior do cérebro. Aprendeu a deixar a porta aberta da sua casa sem medo, a receber visitas a qualquer hora, a consolar e escuitar. . Talvez a soidade fosse isso, um viver para fora sem dor nem pranto e um viver cara dentro agonizando. Recordava a primeira vez que falara com a Sra. Engrácia, a bruxa. Aparecera na sua casa com cara de horror a avisá-la da sua iminente morte se nom ia ver um médico. Lembrava a raiva que se apoderara do seu corpo virando-a cega. Despois fora a calma, e a decisom de converter-se também a essa vida lenta da Escravitude. Nom poderia viver esquecida, assi que compartiria aquilo que lhe parecesse inócuo, pedaços da sua vida que flutuavam polos arrabaldes da sua alma. . Aprendeu que na Escravitude as palavras sempre tinham um significado engadido, que nom importava o tema ou o sentido, o importante era sentir-se acompanhada, sentirse parte desse conjunto imaginário que os tornava povo, grupo. Só seres como Paco se podiam livrar dessa maquinaria, seres que tinham do seu lado a desgraça. A soidade só era desculpada se houvese um bom motivo, um mal que pudesse sumir ao solitário na desesperaçom. . (.). . Fotografias: Luz Castro. LIBRO.
Edité par UNIVERDAD DE CORUÑA, 2021
ISBN 10 : 8484875288ISBN 13 : 9788484875284
Vendeur : Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, Espagne
Livre
Rústica. Etat : New. Etat de la jaquette : Nuevo. 01. Tratado de botánica do amor, que versa sobre. as diferentes especies que resisten as perdas e. desastres de todo tipo, porque son primitivas, ou sobre as especies invasoras que se apoderan. do noso corazón e non atopamos o modo. axeitado de destruílas. Unhas, resistentes, e. outras, invasoras, tentan sobrevivir nunha. paraxe que é abrupta e boscosa, fermosa e crúa. ao mesmo tempoö. Isaac Xubín. LIBRO.
Edité par UNIVERDAD DE CORUÑA, 2023
ISBN 10 : 8484876519ISBN 13 : 9788484876519
Vendeur : Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, Espagne
Livre
Otros. Etat : New. Etat de la jaquette : Nuevo. 01. ?Ramón Mariño mostranos o universo dos fanzines, que ergueron as súas voces nos noventa e a primeiros deste século, expresando a rebeldía da xuventude contra un mundo gris e inxusto. Este libro é un chamado ao espertar, un convite a explorar a creatividade sen amarras. O fanzine galego é a chama que ilumina a noite escura, un universo vasto de sorpresas infindas e ?intrahistoria? agardando ser desvelada.?. LIBRO.
Edité par UNIVERDAD DE CORUÑA, 2004
ISBN 10 : 8484870618ISBN 13 : 9788484870616
Vendeur : Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, Espagne
Livre
Rústica. Etat : New. Etat de la jaquette : Nuevo. 01. A vida tranquila e un tanto baleira da pequena cidade vese de súpeto perturbada pola insólita prensenza dun rinoceronte ceibo que turra e ameaza a morna paz cotiá. Ionesco mergúllanos nun mundo cínico e grotesco que vai tomando un aspecto cada vez máis inquietante. Só Berenguer un home inseguro que non se sente cómodo nesa sociedade se negará a aceptar o que semella irreversible. . Tradución e notas: Henrique Harguindey Banet. LIBRO.
Edité par UNIVERDAD DE CORUÑA, 2019
ISBN 10 : 8484874508ISBN 13 : 9788484874508
Vendeur : Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, Espagne
Livre
Rústica. Etat : New. Etat de la jaquette : Nuevo. De La Sota, Juán (illustrateur). 01. Unha casa enfronte do mar, bañada pola marusía nos días de temporal, dúas plantas, un patio, unha escaleira e un corredor que. é columna vertebral dun organismo que palpita, que respira, que se move. . A casa encolle de frío os días de néboa e chuvia, cun ruído de abismo nas almofadas e tremor de follas nas contras; agrándase. os días de calor luminosa que bate contra a fachada, cando abro as ventás e esa forza prodixiosa que é o espazo sen límites esperta. en min unha enerxía de raíz sementada, e. berro os nomes que configuran unha das eternidades conscientes que podo sentir, a respiración dun intre único. . É doado intuír que a casa existiu, que me habitou moito máis que eu a ela. A orfandade que deixou, que son moitas orfandades, permanece, están no texto; en cada unha das palabras e signos, nas dúbidas, nas convocatorias e chamadas, nas. ausencias que abundan, na breve luz que nace sempre a carón dunha sombra, como nas catedrais. LIBRO.
Edité par UNIVERDAD DE CORUÑA, 2018
ISBN 10 : 8484872238ISBN 13 : 9788484872238
Vendeur : Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, Espagne
Livre
Rústica. Etat : New. Etat de la jaquette : Nuevo. 01. O Xornal de Galicia tivo o privilexio de contar entre as súas firmas cunha líder de opinión de indiscutible nivel argumentativo. A chegada da profesora Pilar García Negro a Xornalde Galicia impregnou -aínda máis- as páxinas do diario de paixón pola defensa da lingua propia de Galicia a través de argumentos e razoamentos consistentes, pero tamén a través de sentimentos de pertenza a un país, a unha lingua, a uns símbolos e a uns referentes históricos. JOSÉ LUIS GÓMEZ, director-fundador de Xornalde Galicia. LIBRO.
Edité par UNIVERDAD DE CORUÑA, 2017
ISBN 10 : 8484873765ISBN 13 : 9788484873761
Vendeur : Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, Espagne
Livre
Bolsillo. Etat : New. Etat de la jaquette : Nuevo. 01. Margot Sponer foi en 1935 seguramente a autora da primeira tese presentada. nunha Universidade, a de Berlín, sobre a lingua galega. Titulada. Altgalizische Urkunden ou Documentos antigos de Galicia, era. un texto semellante en forma e funcións ao que M. Pidal publicara en. 1919 sobre documentos medievais casteláns. A Margot Sponer tocoulle. no Terceiro Reich vivir unha violencia extrema fronte á que nunca se. someteu. Neste estudo inténtase reconstruír, de maneira entrecortada. ?os datos son irregulares?, unha vida de investigación, pero tamén de. dignidade, de respecto e de axuda aos demais que a levou a participar. na resistencia contra o nazismo en Alemaña. Apórtase documentación. sobre a preparación do seus traballos en Galicia en 1926, sobre a súa. elaboración e presentación en Berlín en 1935. Con esta súa tese e. como membro do Romanisches Seminar da Universidade de Berlín, Margot Sponer apoiou a homologación da lingua galega como obxecto. da ciencia filolóxica europea e contribuíu á internacionalización da. nosa cultura como tradición de dignidade dende a Idade Media. Nunha época durísima, Margot Sponer amosou respecto polo individuo, capacidade para identificar e soster os principios éticos da convivencia. entre os seres humanos. Como outras persoas naquel tempo. pagou coa súa vida por defendelos. Este libro trata de mostrar a súa forza como persoa, como investigadora. e como muller e de reivindicar para a tradición galega a súa. memoria. LIBRO.
Edité par UNIVERDAD DE CORUÑA, 2007
ISBN 10 : 8484871029ISBN 13 : 9788484871026
Vendeur : Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, Espagne
Livre
Rústica. Etat : New. Etat de la jaquette : Nuevo. 01. Manuel Caamaño Suárez, pola súa traxectoria vital, foi protagonista e actor dalgunha das empresas culturais máis importantes dos últimos corenta anos da historia deste país. . Ciclos de conferencias rompedores, proxectos editoriais de coleccións pioneiras como Enquisa, sindicalismo xerminal clandestino, dirección do PSG, movemento ecoloxista precursor coa creación de ADEGA, asociacionismo cultural, movemento democrático veciñal, xestación do Museo do Pobo Galego; en todo está Manolo Caamaño, coa tenacidade do operario, coa modestia do artesán, refractario a calquera protagonismo, decote solidario, indispensábel sempre, sempre ao dispor dos demais. . Por todo isto, en Edicións Laiovento consideramos importante recoller neste libro unha serie de conferencias e discursos do autor, nacidos do compromiso de ?facer País? nos tempos do franquismo e posteriores, así como unha serie de relatorios relacionados coas construcións anónimas que se integran na chamada arquitectura popular ou arquitectura sen arquitectos. LIBRO.
Edité par UNIVERDAD DE CORUÑA, 2019
ISBN 10 : 8484874400ISBN 13 : 9788484874409
Vendeur : Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, Espagne
Livre
Rústica. Etat : New. Etat de la jaquette : Nuevo. 01. Chegou axiña. Un home alto, robusto, cachola grande, face ovalada, cellas curvas, longas fazulas, beizos carnosos, barba moi curta, pelo. case ao rape. Tiña un sorriso franciscano, só lle faltaba a carapucha. para ser un tal. Era o Nuredin. Falaba un francés moi comprensíbel, menos mal. Díxenlle de irmos a Temara e, moi cortés, suxeríume. baixarmos ao porto, na foz do río, e collermos o paseo e logo a estrada. da beiramar, para evitar os atrancos na travesía do centro da cidade a. aquelas horas. Conforme, díxenlle, vostede sábeo millor ca min. Botou. un sorriso de compracencia pola miña confianza. O auto era un Mercedes. grandocho, modelo ano de catapún, confortábel só que moi vencido. ouleaba o motor coma un can doente cando reducía a marchas. curtas, mais andaba ben. Polo camiño, dabame espricacións breves sobre. lugares polos que pasabamos, edificios singulares ou monumentos. que viamos, os vestixios da presenza portuguesa de antano, a francesa. máis recente, inda onte coma quen di. Fomos un país ocupado, e nótasenos. aínda hoxeö dixo de sócato nunha desas, como sen querer, e. botoume unha inquisitiva ollada de esguello polo retrovisor, ao axexo. da miña reacción. Mal sabía el a quen estaba a dicirllo, mais mudoulle. a cara a unha expresión de alivio cando viu no espello o meu divertido. sorriso irreprimidamente cúmplice. LIBRO.
Edité par UNIVERDAD DE CORUÑA, 2019
ISBN 10 : 8484874583ISBN 13 : 9788484874584
Vendeur : Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, Espagne
Livre
Rústica. Etat : New. Etat de la jaquette : Nuevo. 01. Ninguén dorme é un vómito, un ouveo. Quere falar do que doe, da cara oculta da lúa nas relacións cos outros. O sexo, o corpo como prisión, como condena. A imposible comunicación, a mentira da parella, os medos, o medo. A violencia estrutural que se exerce con saña sobre o máis débil, a muller, o inmigrante. Este é un relato alucinado, marxinal e onírico que busca retorcer os tópicos, levalos ao extremo, volvelos insoportables. Sordidez e poesía, unha visión enferma na que resoan as voces de Bataille, Kafka, Lorca, Koltés, Volodine, Jelinek, Liddell, Perec, Cunqueiro, Rosalía, Ferrín, Pimentel, Novoneyra Detrás, o desexo de nomear o escurecido, unha voz que despeza o corpo. LIBRO.
Edité par UNIVERDAD DE CORUÑA, 2020
ISBN 10 : 848487480XISBN 13 : 9788484874805
Vendeur : Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, Espagne
Livre
Rústica. Etat : New. Etat de la jaquette : Nuevo. 01. Nesta novela técense dúas historias persoais que se enguedellan inevitablemente coma o bruar dunha melodía intimista, ergueita dun xeito doce e acre ao tempo. O rexoubo dun soño a pique de esmorecer e a esperanza dunha nova vida, secundada polas inevitables ansias dun progreso negado pola posguerra e a represión, viste de lembranzas ás palabras que toman o protagonismo nestas páxinas. A música eríxese coma unha especie de leitmotiv que soa de fondo, versando sobre á prohibición por parte das férreas tesoiras da censura de determinados estilos como o jazz provinte de latitudes norteamericanas, chegando a considerar os seus ritmos como algo propio da poboación afroamericana e polo tanto, unha música propia do mesmo demo. A deslexitimización do emprego do idioma galego no ensino por parte de franquismo ou a actividade incesante producida nalgunhas vilas galegas, coa explotación do cobizado volframio para abastecer ao réxime nazi durante a Segunda Guerra Mundial, tamén se converten en pezas esenciais do crebacabezas no que por veces semella converterse este relato. . A memoria histórica e a dignidade das persoas que foron represaliadas polo torgo das súas ideas, son postas en valor a xeito de sentida homenaxe, nunha narración onde a historia e o presente se conxugan nestas páxinas nas que aniña a intriga. LIBRO.
Edité par UNIVERDAD DE CORUÑA, 2021
ISBN 10 : 8484875156ISBN 13 : 9788484875154
Vendeur : Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, Espagne
Livre
Rústica. Etat : New. Etat de la jaquette : Nuevo. 01. .se algunha aprendizaxe é posible extraer da Comuna é que a abolición do Estado non significaría a súa extinción na simple xestión racional do social , senón a posta en deliberación permanente do público (Daniel Bensaïd). É dicir, a construción dun espazo dialéctico, dun espazo atravesado por tensións múltiples, e polo tanto aberto e liberado. A diferenza do falansterio, a Comuna non precisou proxectarse a si mesma no futuro. E na medida en que foi realmente posible, na medida en que nela o ideal da emancipación humana tivo lugar dun xeito efectivo, deixou tras dela un inxente rastro material. A este rastro pertence a extraordinaria produción imaxinaria que foi quen de xerar, dende os textos a pé de obra que recolle esta escolma ao documental de Peter Watkins, pasando polas palabras dos poetas, dos filósofos e dos novelistas, incluído o Émile Zola do Ventre de París. Escrita logo do abatemento da Comuna, Rancière ve na súa aparición o lugar dunha nova reordenación do sensible, un lugar que celebra a épica das coles, a épica dunha nova beleza que opón á arquitectura de ferro de Les Halles e as moreas de legumes que contén, á vella beleza sen vida simbolizada pola veciña igrexa gótica . Porque a Comuna, en suma, existiu, e foi quen de transformalo todo ao seu paso, tanto a política como a estética, até o punto de que a súa lóxica non pode ser a da utopía, senón a do espectro. A Comuna non di isto será posible , senón isto foi posible e a certeza da súa existencia anterior cifra a medida de calquera esperanza futura. A Comuna non pode ser replicada, pero pensar en todo o que supuxo é unha das formas nas que o pasado conflúe coa esperanzaö. María do Cebreiro. LIBRO.
Edité par UNIVERDAD DE CORUÑA, 2021
ISBN 10 : 8484875172ISBN 13 : 9788484875178
Vendeur : Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, Espagne
Livre
Rústica. Etat : New. Etat de la jaquette : Nuevo. 01. Ao percibir que o poema versificado non lle permitía alcanzar a verdadeira modernidade poética, Baudelaire interesouse polo poema en prosa. Lembrando a Aloysius Bertrand e o seu Gaspard La Nuit, intentou facer algo parecido, e aplicar á descrición da vida moderna, ou mellor dito dunha vida moderna e máis abstracta, o procedemento que el aplicara para retratar a vida antiga, coas súas rarezas tan pintorescas . Para realizar esta tarefa , o poeta soñou co milagre dunha prosa poética, musical pero sen ritmo nin rima, suficientemente flexible e contrastada como para poder adaptarse aos movementos líricos da alma, ás ondulacións do soño, aos sobresaltos da conciencia . Eses intentos deron como obra unha serie de poemas en prosa que apareceron en diversos xornais e revistas e que Baudelaire quixo reagrupar baixo o título de Spleen de París. Con estes pequenos poemas en prosa , o poeta afonda tanto na cidade moderna, da que é o primeiro en tirar a poesía, como no seu vómito confuso , revelando unha escrita pasional e intensa destinada a revolucionar a literatura poética. . O poeta francés, retoma nestes poemas en prosa temas dAs flores do mal, como se quixera reformulalos para mergullar o lector no misterio da creación: o spleen (O reloxo), o ideal (Xa?), a muller (Retratos de amantes) e a morte. E o lector galego ten nas mans este libro de Baudelaire, traducido por Xela Arias, unidos, non só pola poesía, senón por ser ambos, seguindo a Pierre Bourdieu, unha sección autónoma da poesía francesa e da poesía galega, respectivamente. LIBRO.
Edité par UNIVERDAD DE CORUÑA, 2023
ISBN 10 : 8484876233ISBN 13 : 9788484876236
Vendeur : Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, Espagne
Livre
Bolsillo. Etat : New. Etat de la jaquette : Nuevo. 01. Alguén virá? é unha mirada crítica ao pensamento do intelectual galego máis internacional do século XX, Luís Seoane (1910-1979). O marco temporal para estas cavilacións son os frenéticos anos cincuenta: o período de maior produción literaria de Seoane, mais tamén un tempo de reformulación das hexemonías culturais nun Atlántico norte co que el seguía vencellado, aínda dende a distancia do exilio. Eran anos nos que o triunfo da narrativa da ?posguerra? despois da Segunda Guerra Mundial contrastaba coa persistencia da guerra que expulsara da península a milleiros de exiliados republicanos. Neste contexto ?ineludible para entender o encontro cos intelectuais de Galaxia do período 1956-1958?, Seoane afonda na percepción do desaloxo da historia á que estaban forzados os exiliados, unha conclusión pesimista que metaboliza, porén, a través da escritura literaria. Exemplo disto son o poemario As cicatrices (1959) e, sobre todo, a obra de teatro A soldadeira (1957), analizadas no libro. LIBRO.
Edité par UNIVERDAD DE CORUÑA, 2003
ISBN 10 : 8484870219ISBN 13 : 9788484870210
Vendeur : Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, Espagne
Livre
Rústica. Etat : New. Etat de la jaquette : Nuevo. 01. O presente libro ten como obxectivo prioritario dar a coñecer a evolución do nacionalismo galego contemporáneo, destacando aqueles feitos e procesos considerados fundamentais para entender as dinámicas que se foron abrindo no seo do mesmo, así como o lugar e a posición dos actores que o conforman. . Desde a Unión do Povo Galego e o Partido Socialista Galego até o Bloque Nacionalista Galego, pasando polo Partido Obreiro Galego, Galiza Ceive ou o refundadoö Partido Galeguista. O autor detense tamén naquelas experiencias con pretensións unitarias, que marcaron, dun xeito ou doutro, a evolución do nacionalismo galego nos anos da Transición en Galiza, entre as que destacan o Consello e a Mesa de Forzas Políticas Galegas como dous dos principais exemplos. . O BNG ocupa un lugar fundamental, tentando responder a cándo, cómo e por qué xorde. A análise do proceso que leva á constitución da nova Frente Nacionalistaö amósase esencial para comprender a concreción organizativa orixinaria e a súa evolución. LIBRO.
Edité par UNIVERDAD DE CORUÑA, 2018
ISBN 10 : 8484873862ISBN 13 : 9788484873860
Vendeur : Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, Espagne
Livre
Bolsillo. Etat : New. Etat de la jaquette : Nuevo. 01. Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega recolle un. conxunto de traballos dedicados ao desenvolvemento da pintura galega. da primeira metade do século pasado, con especial atención ao. papel dos xéneros: retrato, paisaxe ou natureza morta como factores. relevantes dentro do proceso evolutivo da nosas artes. A primeira parte do volume insire un estudo sobre a función da. retratística na modernización da pintura galega desde fi nais do século. XIX até mediados do XX, desde a Xeración Doenteö até Laxeiro, Eugenio. Granell, Maruja Mallo ou Seoane. A segunda parte está dedicada a estudos sobre algunhas das fi guras. centrais do movemento renovador da arte galega, os chamados Os. Novos: Maside, Souto e Colmeiro, focalizados en boa medida desde a. perspectiva dos xéneros. Alén diso, ao longo de todo o libro quérese salientar que boa parte. da pintura galega desta tempo é elaborada desde un proxecto rexenerador. na perspectiva nacional e cun forte compromiso social e que. este discurso non é alleo ao que se produce noutros lugares de Europa. coas súas singularidades- e en América, no contexto dos chamados. realismos de entreguerrasö. A procura de raíces no pasado propio. como fonte de modernidade, vía primitivista, é unha das receitas. No. caso galego é a inspiración na arte popular e medieval, en especial a. escultura esgrevia e granítica do noso románico e barroco a principal. fonte de inspiración e un elemento activo na renovación estética. LIBRO.
Edité par UNIVERDAD DE CORUÑA, 2019
ISBN 10 : 8484874427ISBN 13 : 9788484874423
Vendeur : Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, Espagne
Livre
Rústica. Etat : New. Etat de la jaquette : Nuevo. 01. A modo de diario, desde unha perspectiva vivencial, sen ningún tipo. de aspiración pretensiosa, abordo os temas que máis me preocupan. O concepto de identidade, a poesía e a ética son os tres eixos sobre. os que xiran estes textos, con distintas manifestacións dentro de cada. unha das materias. No que atinxe á identidade, reflexiono sobre a galeguidade e a noción. de nacionalismo desde un punto de vista ontolóxico, baseándome. nas propias experiencias. Da ética, trato cuestións relacionadas coa educación na violencia, no culto ó feo e no inmediato, alicerces que fomentan a deturpación. da paisaxe, a concepción do amor en parella ou polos nosos maiores, abandonados como electrodomésticos inservibles. Asemade reflexiono sobre o acaparamento de ideas nobres (o ben. e o mal, o xusto e o inxusto, o lícito ou o prohibido) pola relixión e. polos gobernos de calquera signo. Por último, a poesía, representación total da ética e da dignidade. Unha forma de coñecemento profundo. Como dixo Pessoa: comprender. sentindo moito. LIBRO.
Edité par UNIVERDAD DE CORUÑA, 2018
ISBN 10 : 8484874044ISBN 13 : 9788484874041
Vendeur : Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, Espagne
Livre
Rústica. Etat : New. Etat de la jaquette : Nuevo. 01. Que libros demostran que os feminismos deixaron a súa pegada nas. obras literarias para nenas e nenos? Que grupos de mulleres comezaron. a traballar a prol da coeducación e dunha literatura igualitaria en. Galicia? Velaquí as dúas preguntas a partir das que nace este ensaio. Un. ensaio que quixera abrir ventás, recuperando nomes de activistas, de. críticas e de autoras, mais que sobre todo pretende afondar nalgunhas. obras que apuntan determinadas tendencias, mostrando que os feminismos serviron na literatura infantil para que aumentasen as rapazas. protagonistas (e os xeitos de selo) que aparecían nas obras literarias e. para reivindicar e reler escritoras. Ademais, as angueiras das mediadoras e das autoras feministas permitiron. cuestionar a calidade e os valores das narracións destinadas á. infancia e á mocidade, posibilitaron novas temáticas, deron presenza. aos personaxes LGBT ou privilexiaron outros xeitos de ser nenos e mozos. que escapasen aos corsés do xénero. Todo isto facilitou a creación. dun lectorado máis crítico, máis imaxinativo e tamén máis empático. Por isto, este é un libro sobre libros que pensa que a literatura aínda. pode cambiar o mundo. LIBRO.
Edité par UNIVERDAD DE CORUÑA, 2007
ISBN 10 : 8484871053ISBN 13 : 9788484871057
Vendeur : Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, Espagne
Livre
Rústica. Etat : New. Etat de la jaquette : Nuevo. 01. A especial condición do galego como lingua romance que, por unha parte, xerou o portugués, prolongación cara ao sur de si mesmo e logo estendido por varios continentes, e que, por outra, ficou subordinado no seu propio territorio ao castelán como lingua dun poder político invasor, provocou unha singular relación con estas dúas linguas, a se debater aínda hoxe entre a reintegración no seu tronco histórico ou a progresiva dependencia do idioma oficial do Estado. Atrapado, pois, entre o castelá, e o portugués, mais fundamentalmente debido á presión do primeiro, o galego acha grandes dificultades para recuperar a súa condición de lingua normal da Galiza que mantivo durante a época medieval, partillando agora o seu futuro incerto con outras linguas peninsulares e europeas que se caracterizan tamén por non posuíren un aparello de Estado propio. . As relacións entre o galego e o portugués, o castelán e as linguas minorizadas do Estado e de Europa son obxecto de reflexión e análise nesta obra, que tamén presta atención á cuestión da norma, importante para marcar o grao de relación coas linguas próximas. . Na procura da súa afirmación como lingua nacional da Galiza, o galego tamén foi obxecto de reivindicación, defensa e coidada elaboración literaria por parte das nosas escritoras e escritores, algúns dos cales se tratan aquí como mostra dese longo proceso de (re)construción da identidade nacional galega coa lingua por símbolo máis representativo. LIBRO.
Edité par UNIVERDAD DE CORUÑA, 2005
ISBN 10 : 8484870871ISBN 13 : 9788484870876
Vendeur : Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, Espagne
Livre
Rústica. Etat : New. Etat de la jaquette : Nuevo. 01. Escribiu un libro que sería único se non existisen as prosas de Rimbaud; un libro diabólico e estraño, burlón e ouveante, cruel e penoso; un libro no que só se oen a un mesmo tempo os xemidos da dor e os sinistros axóuxeres da Loucuraö (Rubén Darío). . Todo o máis audaz que, durante séculos, se pense e se emprenda, encontrou aquí unha formulación anticipada na súa lei máxica. O verbo, xa non o estilo, sofre con Lautréamont unha crise fundamental, marca unha volta a empezarö (André Breton). . A súa obra funciona como panca na situación que se deseña, pois, mellor que Hugo, demostra que mediante unha especie de maxia verbal ou de verbalismo encantatorio, a razón é capaz de mudanza e a lóxica da disoluciónö (Tristán Tzara). . O sentido extraordinariamente positivo da contribución de Lautréamont consiste nunha avalancha de materiais brutos, aínda asolagados de xemas subterráneas -materiais para construír o home completoö (Julien Gracq). . Esta imaxinación só parece pasar polos libros para reunir as grandes constelacións cuxas obras conservan a influencia, os feixes de imaxinación impersoal que ningún volume de autor pode inmobilizar e confiscar no seu proveitoö (Maurice Blanchot). . Poderíase en certo sentido, se se quixer insistir sobre a forza explosiva da obra, falar dunha operación de dinamitaxe do relato polo discurso e reciprocamenteö (Raymond Jean). LIBRO.
Edité par UNIVERDAD DE CORUÑA, 2020
ISBN 10 : 8484874761ISBN 13 : 9788484874768
Vendeur : Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, Espagne
Livre
Rústica. Etat : New. Etat de la jaquette : Nuevo. 01. Cultivas o cansaço br na fragrância/ do que foi?, confessa o poetaem br declaração na frente do espelho. Esse mesmo br espelho reflete a imagem dupla da memória br ainda reconfortante e a da idade ?vaga,invernal? br do habitante do bosque sem saída. br Xosé M ÁlvarezCáccamo. LIBRO.
Edité par UNIVERDAD DE CORUÑA, 2020
ISBN 10 : 8484874648ISBN 13 : 9788484874645
Vendeur : Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, Espagne
Livre
Rústica. Etat : New. Etat de la jaquette : Nuevo. 01. Fronte da arte. A arte galega no contexto europeo dos anos trinta recolle. un conxunto de traballos dedicados ao desenvolvemento da pintura. do século pasado, con especial atención á produción do movemento. renovador da arte galega que traballa nos anos vinte, no período republicano, na Guerra Civil e no exilio. Estúdase como a súa arte era. conscientemente presentada desde posturas que reafirmaban o carácter. conflitivo, denunciador da opresión ou reafirmador das imaxes, desde criterios sociopolíticos alternativos ao discurso dominante que. deitaba o poder. Tiñan pois, un forte contido social e identitario, aparecendo. os labregos como clase subalterna mais tamén o proletariado e. o mundo fabril. As obras dos nosos pintores prodúcense, xa que logo, desde un coñecemento do representado, elaborando un discurso que. non é alleo ao que se produce noutros lugares de Europa coas súas. singularidades- e en América, no contexto dos chamados realismo de. entreguerrasö. A procura de raíces no pasado propio como fonte de. modernidade é unha das receitas; no caso galego é a inspiración na. arte popular e medieval, en especial a escultura esgrevia e granítica do. noso románico e barroco. A recepción posterior tópica da nosa arte só se pode entender por. unha visión previa que le a produción galega desde un a priori que a. reduce a imaxe costumista. Cómpre, pois, pensar a tradición artística. desde nós. Pensar na lectura intencional do pasado máis tamén na. lectura presente desde a pura visualidade e desde a posición actual. da nosa nación, o que implica distintas posíbeis lecturas das imaxes, desemellantes mais non incompatíbeis. LIBRO.
Edité par UNIVERDAD DE CORUÑA, 2021
ISBN 10 : 8484875210ISBN 13 : 9788484875215
Vendeur : Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, Espagne
Livre
Rústica. Etat : New. Etat de la jaquette : Nuevo. 01. Imaxinade un encontro sorprendente entre dous estudosos da natureza, separados por dous mil anos de progreso científico. Unha xuntanza máxica onde un antigo druída e un biólogo moderno conversan, mentres que o lector descobre como a ciencia contemporánea está recuperando coñecementos perdidos e a bioloxía se focaliza cada vez máis na necesidade de achegarse a un estilo de vida natural. Os protagonistas deste libro acompañaranvos nun paseo estimulante a través do bosque, entre árbores, cores, olores, razoando sobre a relación entre os elementos e dialogando sobre a sacralidade da vida en Gaia, o noso planeta, que chegaredes a comprender na súa esencia de organismo vivente. A conversa entre os dous sabios flúe espontaneamente, nun ir e vir de ideas para a reflexión en equilibrio constante entre ciencia e filosofía, bioloxía e espiritualidade, contemporaneidade e antigüidade. LIBRO.
Edité par UNIVERDAD DE CORUÑA, 2020
ISBN 10 : 8484874702ISBN 13 : 9788484874706
Vendeur : Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, Espagne
Livre
Rústica. Etat : New. Etat de la jaquette : Nuevo. 01. No prólogo da reedición de La fuerza pública en la Universidad de. Santiago y otros escritos escolares (1930-1933) (1987), Ricardo Carvalho Calero manifestou que había que proxectar a atención sobre a historiografía da época enfrontando con método obxectivo as fontes documentais e as testemuñas presenciais. Iso fi xo a autora deste volume cando preparou a primeira edición deste libro, que obtivo o Premio Ánxel Fole en 1992. Ao material documental e gráfico proporcionado pola súa compañeira de vida M Ignacia Ramos Díez, totalmente inédito na altura, engadíronse valiosos testemuños de compañeiros e compañeiras que o. coñeceron e trataron. A esas fontes uniuse a investigación da autora e. a consulta exhaustiva de fontes hemerográficas para construír o espazo. biográfico carvalhiano que abranxe de 1910 a 1941, un período crucial. na súa formación e na súa vida, coa ditadura de Primo de Rivera, a. República e a guerra (in)civil como pano de fondo; un período que se. desenvolve en tres capítulos centrados na infancia e adolescencia no. seu Ferrol natal, o primeiro; en Compostela e Ferrol, o segundo; e en. Madrid, Valencia, Andalucía e Ferrol, o terceiro. As formulacións galeguistas, a escrita, a metodoloxía da obra investigadora, o polifacetismo enciclopédico, a actividade cultural do ferrolán teñen a súa orixe no tempo que antecede ao período bélico, etapa que conformou Foula o ronsel. Os anos que marcaron a biografía de. Ricardo Carvalho Calero (1910-1941). LIBRO.
Edité par UNIVERDAD DE CORUÑA, 2021
ISBN 10 : 8484875199ISBN 13 : 9788484875192
Vendeur : Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, Espagne
Livre
Rústica. Etat : New. Etat de la jaquette : Nuevo. 01. Perguntémonos por que cómpre continuarmos a celebrar Carvalho Calero (Ferrol, 1910-Santiago de Compostela, 1990). Responderemos en forma de esquema que resume o sentido dos traballos compilados neste libro: a) porque o merecen a súa persoa e a súa obra; b) porque a súa vida e traxectoria abranxen un século XX á galega que coñeceu acontecementos fundamentais da nosa historia contemporánea, de que el foi testemuña e/ou protagonista, como membro activo do Seminario de Estudos Galegos e do nacionalismo dos anos 20 e 30; c) porque é artífice directo e perseverante da construción cultural galega dese século; d) por ser o escritor da súa xeración que máis e mellor contribuíu ao engrandecemento da literatura galega en todos os xéneros; e) porque a súa obra estritamente de creación literaria (poesía, teatro, narrativa) abondaría, alén da súa inmensa obra científica, para lle consagrar unha atención máis aló do Día das Letras Galegas. . Ricardo Carvalho Calero non ten data de caducidade ou data de validade. Este libro é tributario deste recoñecemento e ilumina aspectos fundamentais da súa dedicación á lingua galega, á creación literaria e ao estudo da literatura como arte fundamental da nación galega. LIBRO.
Edité par UNIVERDAD DE CORUÑA, 2021
ISBN 10 : 8484875342ISBN 13 : 9788484875345
Vendeur : Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, Espagne
Livre
Rústica. Etat : New. Etat de la jaquette : Nuevo. 01. As mulheres da Casa da Bouça da roupa estendida é unha obra chea. de crueldade e de horror, pero tamén contén a beleza da terra, neste. caso a do Incio, e da vida, sobre todo a través do amor e da esperanza. nun futuro mellor, sen deixar de ser consciente da necesidade dun. certo idealismo xeneroso para poder avanzar.ö. Claudio Rodríguez Fer. LIBRO.