Articles liés à Milú e o edificio das persoas extraordinarias

Milú e o edificio das persoas extraordinarias - Couverture souple

Tomé, Abel

 
9788411105842: Milú e o edificio das persoas extraordinarias

Synopsis

Unha luminosa fábula social sobre o poder da imaxinación infantil para soñar un mundo mellor. XXXIX Premio Merlín de Literatura Infantil.

Les informations fournies dans la section « Synopsis » peuvent faire référence à une autre édition de ce titre.

À propos des auteurs

É graduado en Xornalismo. En 2018 publica a novela «A noite do corvo» e, en 2019, «A noite do lobo», Premio Illa Nova de Narrativa. Con «Liliam Strawberry e o paxaro da morte» (2023) é finalista do Premio Merlín 2022. Dous anos despois, gaña o Premio García Barros coa novela «A noite do oso» e mais o Premio Merlín de Literatura Infantil con «Milú e o edificio das persoas extraordinarias» (Xerais, 2024).

Licenciada en Belas Artes, comeza no eido da ilustración profesional á vez que se incorpora á veterana banda de rock Zënzar. Este feito fai que moitos dos proxectos creativos e de investigación en que traballa teñan relación coa música. É ilustradora do proxecto de rock infantil Pakolas, tanto dos libros como debuxando en directo no espectáculo Cores, contos e rock'n'roll. En 2017 comeza Músicas Galegas Ilustradas, un proxecto onde visibiliza o papel da muller na música galega e que foi recoñecido co premio Martín Códax da Música 2020. É coautora do libro Ferreñas & Rock'n'roll xunto con Iria Pedreira. Preside a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) desde o ano 2022. En Xerais, é autora das ilustracións de «Luísa Villalta, melodía de palabras» (Xerais 2023); «Unha gorxa chea de paxaros» (Xerais 2024), «Milú e o edificio das persoas extraordinarias» (Xerais 2024) e «Tacón, punta, tacón» (2025).

Les informations fournies dans la section « A propos du livre » peuvent faire référence à une autre édition de ce titre.