Articles liés à Iceberg

Iceberg - Couverture souple

Labraña, Carlos

 
9788411765541: Iceberg

Synopsis

No Polo Norte escasea a comida, polo que Osa Nai ten que ir lonxe para atopala, así que deixa a súa cría ao coidado dun humano amigo, Inuk. Pero o bloque de xeo onde está o iglú de Inuk é tan fino que acaba por escachar e navegan á deriva. No iceberg, Osiño e Inuk vivirán moitas aventuras e coñecerán todo tipo de xentes, mais os dous só soñan con poder regresar. Serán quen de conseguilo?

Les informations fournies dans la section « Synopsis » peuvent faire référence à une autre édition de ce titre.

À propos des auteurs

Carlos Labraña é un dramaturgo especializado no teatro para a infancia. Neste eido acadou diferentes premios, como o Xeración Nós, o Estornela, o Manuel María e O Facho, con pezas que se len e se representan de maneira habitual nos colexios. Dentro da súa traxectoria podemos salientar: O valo, que trata o drama dos refuxiados; Moito Morro Corporation Sociedade Ilimitada (Premio Follas Novas, 2017), comedia ácida sobre a crise económica; O Apalpador, que conta a historia do personaxe central do Nadal galego; Contra o reloxo (Premio Martín Sarmiento, 2023), peza que trata do tempo e da perda; Estrela... Fugaz?, sobre a identidade de xénero; Mambrú volveu da guerra (Premio SGAE 2022), un texto para a recuperación da memoria histórica democrática e Ícaras, que incide sobre o problema actual da vivenda. En 2025 publicou a súa primeira novela: A Biblioteca Galáctica contra a IA fantástica, escrita para celebrar o 75 aniversario de Editorial Galaxia.

Sara Romero é unha ilustradora cun amor por crear e dar vida a personaxes a través da súa arte. Apaixonada polo debuxo desde pequena, medrou creando as súas propias historias, mundos e personaxes que, aínda hoxe, seguen a medrar con ela. Na súa obra gústalle explorar as relacións, emocións e as dores que plagan ás veces á xente, representando a vulnerabilidade cun toque de fantasía. En 2018 remata os seus estudos de Ilustración co seu TFM, “Aurora”, un cómic sobre a perda e, despois, decide mesturar o mundo da arte co dos videoxogos, formando parte da primeira promoción da carreira de Creación Dixital, Animación de Videoxogos da Universidade da Coruña, onde desenvolveu o seu primeiro videoxogo Gelatina is Hungry.

Les informations fournies dans la section « A propos du livre » peuvent faire référence à une autre édition de ce titre.