Articles liés à Mala feminista

Mala feminista - Couverture souple

Gay, Roxane

 
9788418966101: Mala feminista

Synopsis

Cando a escritora Roxane Gay se autodenominou ―ironicamente― «mala feminista», recoñecía que non podía cumprir cos requisitos de perfección do movemento feminista. Mala feminista é un conxunto de ensaios acedos sobre este movemento na cultura moderna e unha aguda e divertida reflexión sobre como a forma en que consumimos a cultura nos converte no que somos, sempre con ton autocrítico e consciente do papel da muller ―así como da súa relación cos homes e coas demais mulleres― nos nosos días, a través da súa propia experiencia e das dinámicas políticas e culturais recentes. Para ela vivimos nun mundo apaixonante, cheo de distraccións que nos gustan e que nos obsesionan, mesmo se van en contra dos nosos principios. Gústalle a música rap, aínda que é consciente dos clixés sexistas de moitos dos seus autores. Tamén lle gusta o cinema absurdo, a cor rosa, engancharse a series como Girls e ler a revista Vogue. Mediante exemplos da cultura pop e da súa propia vida, Gay fálanos do aborto, da maternidade, do acoso sexual, da igualdade de salarios, dos mitos sobre a amizade entre mulleres, da recente literatura escrita por elas, da misoxinia no mundo do espectáculo etc. O feminismo, como a humanidade e a vida, é imperfecto e a autora propón que aceptemos todos os seus matices.

Les informations fournies dans la section « Synopsis » peuvent faire référence à une autre édition de ce titre.