Versos emocionados e emocionantes, atravesados de intimidade. Xogo sensual onde a luz e sombra debaten a súa fortuna. Luz Pozo Garza dános, neste texto, unha das mellores mostras do seu quefacer poético: a ansia da luz inunda as páxinas deste códice que se pode interpretar de moitos xeitos; un deles, o propio universo sobre o que a voz da poeta tenta poñer anacos de claridade, de amor que vence á morte. Como ela mesma ten dito, poida que iso sexa a verdadeira poesía: clarificación da idea na conciencia. Un soño, entón, que enche e nos conmove.
Les informations fournies dans la section « Synopsis » peuvent faire référence à une autre édition de ce titre.
Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922 - A Coruña, 2020) foi catedrática de Ensino Medio e é membro numerario da Real Academia Galega e directora da revista Nordés . Publicou os poemarios: O paxaro na boca (1952), Últimas palabras/Verbas derradeiras (1975), Concerto de outono (1981), Códice calixtino (1986, Xerais 1992), Prometo a flor de loto (1992), Vida secreta de Rosalía (1996). Como ensaísta deu ao prelo A bordo de Barco sin luces, Galicia ferida (A visión de Luís Seoane) (1994), Álvaro Cunqueiro e Herba de aquí e acolá (1991), ademais de varios artigos en Nordés e Grial .
Carmen Blanco (Lugo, 1954) é autora de poesía, narrativa e ensaio. Como poeta publicou as mostras da súa obra poética en marcha Estraña estranxeira (2004), Un mundo de mulleres (2011) e Lobo amor (2011). Como narradora publicou a recreación de contos clásicos Vermella con lobos (Xerais, 2004) e a novela patchwork de microrrelatos Atracción total (Xerais, 2008). Como ensaísta publicou os libros Conversas con Carballo Calero (1989), Literatura galega da muller (Xerais, 1991), Carballo Calero: política e cultura (1991), Escritoras galegas (1992), Libros de mulleres. (Por unha bibliografía de escritoras en lingua galega: 1863-1992), (1994), O contradiscurso das mulleres (1995), Nais, damas, prostitutas e feirantas (Xerais, 1995), Mulleres e independencia (1995), Luz Pozo Garza: a ave do norte (2002), Alba de mulleres (Xerais, 2003), Sexo e lugar (Xerais, 2006), María Mariño. Vida e obra (Xerais, 2007), Casas anarquistas de mulleres libertarias (2007), Uxío Novoneyra, (2009), Novoneyra: un cantor do Courel a Compostela. O poeta nos lugares dos seus libros (2010) e Feministas e libertarias (2010). É autora de moi diversas edicións de ensaio e poesía, como María Mariño (2007) ou, con Claudio Rodríguez Fer, Con pólvora e magnolias (Xerais, 1976) de X. L. Méndez Ferrín, e Os eidos (Xerais, 1990) de Uxío Novoneyra, e , en solitario, Códice Calixtino (Xerais, 1991) de Luz Pozo Garza ou a mostra bilingüe Extranjera en su patria. Cuatro poetas gallegos. Rosalía de Castro, Manuel Antonio, Luís Pimentel, Luz Pozo Garza (2004). Publicou numerosas introducións e prólogos, e colaborou en moi variados libros colectivos, xornais e revistas. Co seu nome ou co heterónimo Emma Luaces publicou versións de Safo, José Ángel Valente ou José Agustín Goytisolo, e poemas da serie "Lobo azul". Deseñou os libros Tigres de ternura (1981, 1982) de Rodríguez Fer e ilustrou Historia da lúa (1984), Vulva (1990) e A muller núa (1992), así como o Manifesto por un movemento vital (1990) deste mesmo autor. E fixo o logotipo de Unión libre.
Les informations fournies dans la section « A propos du livre » peuvent faire référence à une autre édition de ce titre.
Vendeur : Hamelyn, Madrid, M, Espagne
Etat : Very Good. : Códice Calixtino es una colección de poemas de la autora Luz Pozo Garza, publicados por Edicións Xerais de Galicia. Los versos exploran temas de intimidad, luz y sombra, y la búsqueda de claridad y amor frente a la muerte. Esta edición forma parte de la Biblioteca de las Letras Gallegas. EAN: 9788475075990 Tipo: Libros Categoría: Literatura y Ficción Título: Códice Calixtino Autor: Luz Pozo Garza Editorial: Xerais Idioma: gl Páginas: 152 Formato: tapa blanda. N° de réf. du vendeur Happ-2026-09-16-885c6b0c
Quantité disponible : 1 disponible(s)
Vendeur : AG Library, Malaga, MA, Espagne
Etat : New. Idioma/Language: Gallego. Versos emocionados e emocionantes, atravesados de intimidade. Xogo sensual onde a luz e sombra debaten a súa fortuna. Luz Pozo Garza dános, neste texto, unha das mellores mostras do seu quefacer poético: a ansia da luz inunda as páxinas deste códice que se pode interpretar de moitos xeitos; un deles, o propio universo sobre o que a voz da poeta tenta poñer anacos de claridade, de amor que vence á morte. Como ela mesma ten dito, poida que iso sexa a verdadeira poesía: clarificación da idea na conciencia. Un soño, entón, que enche e nos conmove. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla. N° de réf. du vendeur 19073
Quantité disponible : 1 disponible(s)
Vendeur : KALAMO BOOKS, Burriana, CS, Espagne
Etat : New. N° de réf. du vendeur KALAMO-9788475075990
Quantité disponible : 1 disponible(s)
Vendeur : Imosver, PONTECALDELAS, PO, Espagne
Etat : Nuevo. Versos emocionados e emocionantes, atravesados de intimidade. Xogo sensual onde a luz e sombra debaten a súa fortuna.Luz Pozo Garza dános, neste texto, unha das mellores mostras do seu quefacer poético: a ansia da luz inunda as páxinas deste códice que se pode interpretar de moitos xeitos; un deles, o propio universo sobre o que a voz da poeta tenta poñer anacos de claridade, de amor que vence á morte.Como ela mesma ten dito, poida que iso sexa a verdadeira poesía: clarificación da idea na conciencia. Un soño, entón, que enche e nos conmove. N° de réf. du vendeur 3100400039
Quantité disponible : 3 disponible(s)
Vendeur : Releo, Valencia, V, Espagne
Etat : Very Good. N° de réf. du vendeur 9788475075990-3-001
Quantité disponible : 1 disponible(s)
Vendeur : LibroUsado GRAN VÍA, Madrid, M, Espagne
Encuadernación de tapa blanda. Etat : Bien. G401908. Ediciones Xerais de Galicia - 145pp (X) Escrito en gallego. In. N° de réf. du vendeur 1189996
Quantité disponible : 1 disponible(s)
Vendeur : Trotalibros LIBRERÍA LOW COST, Vigo, PO, Espagne
Rústica. Etat : Bien. Etat de la jaquette : Bien. 1. Versos emocionados e emocionantes, atravesados de intimidade. Xogo sensual onde a luz e sombra debaten a súa fortuna. Luz Pozo Garza dános, neste texto, unha das mellores mostras do seu quefacer poético: a ansia da luz inunda as páxinas deste códice que se pode interpretar de moitos xeitos; un deles, o propio universo sobre o que a voz da poeta tenta poñer anacos de claridade, de amor que vence á morte. Como ela mesma ten dito, poida que iso sexa a verdadeira poesía: clarificación da idea na conciencia. Un soño, entón, que enche e nos conmove. LIBRO. N° de réf. du vendeur 3139
Quantité disponible : 1 disponible(s)
Vendeur : Tik Books ME, Madrid, M, Espagne
Encuadernación de tapa blanda. Etat : Bien. A05436. Xerais - 151pp Biblioteca das letras galegas. Escrito en gallego. CA. N° de réf. du vendeur 349111
Quantité disponible : 1 disponible(s)
Vendeur : World Wide Books, Sevilla, SE, Espagne
Etat : Usado - bueno. N° de réf. du vendeur 9788475075990
Quantité disponible : 1 disponible(s)