Articles liés à Eu E OS Meus Colegas / I and My Colleagues

Eu E OS Meus Colegas / I and My Colleagues - Couverture souple

Macfarlane, Aidan; McPherson, Ann

 
9788475079400: Eu E OS Meus Colegas / I and My Colleagues

Synopsis

Steve, Rachel, Tony, David, Jerry e Miranda son colegas dende a escola primaria. Agora están a pasar por momentos difíciles. A festa do Instituto remata cun paseo pola comisaría de policía onde terán que afrontar acusacións de posesión de drogas e roubo de bicicletas. A morte do seu profe de Química fará que reflexionen e sintan moi preto as consecuencias da sida. Saúde, sexo, drogas e sida (sempre como tema informativo central), conflictos xeracionais e relixiosos, á fin e ó cabo as relacións interpersoais, son o eixo desta obra, onde tódolos personaxes sofren e aman os seus colegas. Narrado polos seus protagonistas en primeira persoa, a novela ofrece unha visión plural dun mesmo acontecemento e das súas implicacións para cada un dos seus participantes.

Les informations fournies dans la section « Synopsis » peuvent faire référence à une autre édition de ce titre.

À propos de l'auteur

Aidan Macfarlane dirixiu o servizo de Saúde Infantil e Xuvenil para as Autoridades Sanitarias do condado de Oxford. Na actualidade é asesor por conta propia en saúde infantil e xuvenil. Ann Mcpherson é doutora de medicina xeral con moita experiencia nos xoves e os seus problemas, é tamén lectora do Departamento de Saúde e atención Primaria na Universidade de Oxford. As súas obras contán con millóns de lectores en todo o mundo, sendo traducidas a máis de vinte linguas. En galego teñen publicado: "Diario dun xove maniático" (Xerais 1991) "Eu tamén son maniática" (Xerais 1993), "Eu e os meus colegas" (Xerais 1995), "Novo diario dun xove maniático" (Xerais 2000), "O diario da outra maniática" (Xerais 2000) e "Guía para xoves maniáticos" (Xerais 2004). Outros libros seus en inglés son: "Mun I feel funny", premio do suplemento de Educación do xornal "Times"; "The virgin now boarding" e "Fresher Pressure". Publicaron tamén un libro para pais sobre a adolescencia titulado "Teenagers:The agony, the ectasy, the answers" (2000). Aidan Macfarlane e Ann Mcpherson teñen unha páxina web con moito éxito na que está baseada a "Guía para xoves maniáticos", (www.teenagehealthfreak.org) que recibe máis de 150.000 visitas á semana e que gañou o premio BUPA de comunicación.

Les informations fournies dans la section « A propos du livre » peuvent faire référence à une autre édition de ce titre.