Articles liés à A CASA DO MEDO

A CASA DO MEDO - Couverture souple

Fernández Paz, Agustín

 
9788483495315: A CASA DO MEDO

Synopsis

Atopar os obxectos do estoxo obrigoume a superar todas as barreiras que mantiñan represados os recordos. Os muros saltaron con violencia e, igual ca nun tsunami de lembranzas, volvéronme os feitos que esquecerá na adolescencia. Un tsunami de recordos, os mesmos que escribín durante as horas desta noite. Os que ninguén crería, se chegasen algún día a se divulgar. Só eu sei que foron reais, tan reais coma o sol que se asoma nestes momentos polo horizonte ou como as follas amarelas do caderno no que escribo estas últimas palabras [da miña confesión].

Les informations fournies dans la section « Synopsis » peuvent faire référence à une autre édition de ce titre.

À propos de l'auteur

Naceu en Vilalba (Lugo) e, desde hai vinte anos, reside en Vigo. Ademais de perito industrial, é mestre e licenciado en Ciencias da Educación. Por máis de tres décadas traballou como docente no ensino primario e no secundario. Na actualidade, dedícase exclusivamente á escritura. É autor de numerosos títulos dirixidos, preferentemente, a lectores infantís e xuvenís. Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás outras linguas españolas. Ademais de premios tan importantes coma o Lazarillo ou o Nacional de Literatura, tamén obtivo o Premio EDEBÉ, tanto na súa Modalidade Xuvenil coma na súa Modalidade Infantil. No ano 2011, foi seleccionado como candidato español ao prestixioso Premio Andersen.

Les informations fournies dans la section « A propos du livre » peuvent faire référence à une autre édition de ce titre.