Articles liés à Violeta quere ser vampiro: Un conto de Samaín

Violeta quere ser vampiro: Un conto de Samaín - Couverture rigide

Domínguez Veiga, Ramón

 
9788491212621: Violeta quere ser vampiro: Un conto de Samaín

Synopsis

Coma todos os anos, a noite do 31 de outubro celébrase na casa de Violeta a festa do Samaín. Pequenos e grandes disfrázanse, xogan, bailan e contan contos ata ben entrada a noite, e malia os fantasmas, as bruxas e a Santa Compaña, ninguén se asusta porque, como di a avoa Pilar, «aos mortos non hai que terlles medo; cos vivos xa é outro cantar».

Les informations fournies dans la section « Synopsis » peuvent faire référence à une autre édition de ce titre.

À propos des auteurs

Licenciado en Filoloxía Hispánica, traballa no eido da edición. Ten publicados os seguintes títulos para o público infantil: «Violeta quere ser vampiro. Un Conto do Samaín» (Xerais, 2017), «É tempo de Entroido!» (Xerais, 2018), «A araña que lles tiña medo ás arañas» (Xerais, 2019), «Meigas fóra!» (Xerais, 2020), «Non pare a festa» (Xerais, 2021), «De festa en festa» (2022), «Gloria» (2023), «Inventario de bruxas da avoa Maruxa» (2023), «Violeta ás agachadas» (Xerais, 2023), «Maios e desmaios (Xerais, 2025)»e «Vigo pequeno» (Xerais, 2026). Tamén é autor das series «Miñoca» (Xerais, 2021/2022/2023/2024) e «Fani e Dani» (2023/2024), e colaborou no volume colectivo «Era outra vez» (2022) coa adaptación do conto de Óscar Wilde «O xigante egoísta». En 2021 gañou o Premio Arume de Poesía para a Infancia con «Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente» (2022) (Selección OEPLI, 2022 / Premio Frei Martín Sarmiento, 2024); en 2022, o XV Premio El Príncipe Preguntón de Poesía para Niños con «O delirante restaurante de Héitor Mórtimer e a súa clientela aberrante» (2023); en 2023, o Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia con «Medo me dá!» (2024) (Selección OEPLI, 2024) e en 2025 o I Certame Literario Jaime Olmedo Limeses con «Pernascochas» (2025). Publicou os contos en liña «#EuQuedoNaCasa» (2020), sobre o confinamento provocado pola covid-19; «Bombas de chocolate» (2022), sobre a guerra de Ucraína e «Sucedeu en Samede», sobre a celebración do Entroido nesta localidade (2024). Para o público adulto publicou «Zoom» (Xerais, 2022) e a plaquette «Casa pequena» (2025), que acadou o terceiro premio no Certame Internacional de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro de Cornellà. Parte da súa obra está traducida ao catalán e ao castelán.

David Sierra (A Merca, 1980) estudou na escola superior de Arte e Deseño Antonio Faílde de Ourense. É deseñador gráfico e ilustrador freelance e traballa para diferentes editoriais e marcas a nivel internacional. En Xerais ten publicados os seguintes títulos: Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza (2013), O lapis de Rosalía (2015), Violeta quere ser vampiro. Un conto do Samaín (2017), É tempo de Entroido! (2018) e Non pare a festa (2021), ademais de ser o autor das series de cubertas das coleccións Fóra de Xogo e Xerais Básicos Ciencia.

Les informations fournies dans la section « A propos du livre » peuvent faire référence à une autre édition de ce titre.