Articles liés à Flanagan 007

Flanagan 007 - Couverture souple

Ribera, Jaume; Martín, Andreu

 
9788497829076: Flanagan 007

Synopsis

A irmá de Flanagan e o seu mozo desapareceron. Parece que ámbolos dous traizoaron a unha ong, roubando unha enorme cantidade de cartos destinada a un país do Terceiro Mundo. Flanagan non pode crer esta versión dos feitos, pero é evidente que dentro da ong hai unha «toupa» e que alguén ten interese en que estes cartos non cheguen a ese país. De Barcelona a Madrid, axudado e aparvado ao mesmo tempo por Bruna, unha rapaza que escapou da casa, Flanagan emprenderá a súa carreira contra reloxo na procura da súa irmá e da posibilidade de recuperar os cartos para os seus destinatarios.

Les informations fournies dans la section « Synopsis » peuvent faire référence à une autre édition de ce titre.

À propos de l'auteur

Andreu Martín (1949), psicólogo, guionista de cómics, coñecido autor de novela negra, e Jaume Ribera (1953), licenciado en Ciencias da Información e tradutor, tamén guionista de cómics e autor de novela negra, iniciaron a súa fecunda relación na creación e andanzas do personaxe Flanagan coa publicación de No pidas sardina fuera de temporada (Premio Nacional de Literatura Juvenil, 1989). En galego e dentro da saga de Flanagan, publicaron ata agora na colección Fóra de Xogo sete títulos: Flanagan de luxe (Xerais 1994), Alfagan é Flanagan (Xerais 1996), Flanagan Blues Band (Xerais 1996), Flanagan 007 (Xerais 1998), Flanagan, só Flanagan (Xerais 2000), Eu tampouco me chamo Flanagan (Xerais 2006) e Flanagan Flash-Back (Xerais 2009). Ninguén sabe como o fan. Preguntados pola súa forma de traballar, aseguran que un escribe as vocais e o outro as consoantes.

Les informations fournies dans la section « A propos du livre » peuvent faire référence à une autre édition de ce titre.