Atado de oito relatos, prologados polo profesor, escritor e dinamizador cultural, Bernardo Penabade, que comezan coa historia da “Señorita de Lobeiras” e rematan coas “Memorias do esqueleto Isolino”, dous relatos que bordean os trazos da novela curta, e que con distintos recursos literarios, segundo as diferentes historias, forman unha unidade que aparece, física e maxicamente, abrigada da auga por un extraordinario paraugas. Neles fumegan o gusto de Paco polo realismo máxico e o misterio, tamén a homenaxe máis ou menos explícita aos autores dos que bebe no seu quefacer literario. Unha nova entrega na que Paco Rivas mostra a súa capacidade para construír historias desde o relato breve, do que se nos mostra como un auténtico continuador do rico legado existente na nosa literatura. *** Deitou no lenzo pinceladas afervoadas… ardorosas… de afeites… de adobíos… E mesturou cores nun relanzo da brisa… co pincel dunha lanceira. A cantaruxada das ondas enchoupou de foulas verdes os grises… Dos azuis ocupáronse as pingas dunha orballada… A aquel pintor fachendoso latexábanlle os alentos e os ollares… Os dedos debuxaban unha melodía acompasada. Movementos estudados para elaborar unha peza a modo de aria, de romanza… El era a única voz. … Este pintor de soños mergúllase en todos e cada un destes relatos para que poidas entrar con el no mundo do soño… dos soños… Para que poidas soñar esperto… Durmido soña calquera.
Les informations fournies dans la section « Synopsis » peuvent faire référence à une autre édition de ce titre.
Atado de oito relatos, prologados polo profesor, escritor e dinamizador cultural, Bernardo Penabade, que comezan coa historia da “Señorita de Lobeiras” e rematan coas “Memorias do esqueleto Isolino”, dous relatos que bordean os trazos da novela curta, e que con distintos recursos literarios, segundo as diferentes historias, forman unha unidade que aparece, física e maxicamente, abrigada da auga por un extraordinario paraugas. Neles fumegan o gusto de Paco polo realismo máxico e o misterio, tamén a homenaxe máis ou menos explícita aos autores dos que bebe no seu quefacer literario. Unha nova entrega na que Paco Rivas mostra a súa capacidade para construír historias desde o relato breve, do que se nos mostra como un auténtico continuador do rico legado existente na nosa literatura. *** Deitou no lenzo pinceladas afervoadas... ardorosas... de afeites... de adobíos... E mesturou cores nun relanzo da brisa... co pincel dunha lanceira. A cantaruxada das ondas enchoupou de foulas verdes os grises... Dos azuis ocupáronse as pingas dunha orballada... A aquel pintor fachendoso latexábanlle os alentos e os ollares... Os dedos debuxaban unha melodía acompasada. Movementos estudados para elaborar unha peza a modo de aria, de romanza... El era a única voz. ... Este pintor de soños mergúllase en todos e cada un destes relatos para que poidas entrar con el no mundo do soño... dos soños... Para que poidas soñar esperto... Durmido soña calquera.
Les informations fournies dans la section « A propos du livre » peuvent faire référence à une autre édition de ce titre.
Vendeur : Libros Tobal, Ajalvir, M, Espagne
Etat : Nuevo. Narrativa. N° de réf. du vendeur 9788499953144
Quantité disponible : 8 disponible(s)